Skip to main content

Timor Leste Índice Etimoloxía | Historia | Política | Cultura | División administrativa |...

Flag of Azerbaijan.svgAcerbaixánAfganistánArabia SauditaArmeniaBahrainBangladeshBruneiButánCamboxaChinaCorea do NorteCorea do SurEmiratos Árabes UnidosFilipinasIemenIndiaIndiaIndonesiaFlag of Iran.svgIránIraqIsraelKirguizistánKuwaitKuwaitRepública Democrática Popular LaoLaosLíbanoLíbanoMalaisiaMaldivasMongoliaFlag of Myanmar.svgMyanmarNepalOmánPaquistánQatarSingapurSiriaSri LankaTailandiaTaiwánTaxiquistánTimor LesteTurkmenistánUzbekistánVietnamXapónXordania


Timor Leste


Sueste asiáticoTimorAtaúroJacoenclaveOcusiIndonesiaAustraliaMar de TimorDiliImperio portuguésséculo XVITimor portuguésdescolonización1975IndonesiaautodeterminaciónONUEstado soberanoséculo XXIComunidade dos Países de Lingua Portuguesa2011Asociación de Nacións do Sueste AsiáticocatólicosFilipinasportuguéstetúninglésindonesiolimiar de pobrezaanalfabetaÍndice de Desenvolvemento HumanoindonesiomalaioOrganización Internacional para a EstandarizaciónANSIAFNORBSIDINSISportugueses1512sándaloséculo XXDiliRevolución dos Caraveis197529 de novembroSuhartoIndonesia7 de decembroONUxenocidionapalm1999Xoán Paulo II198912 de novembro1991Premio Nobel da PazCarlos Filipe Ximenes BeloJosé Ramos-Horta19961997Nelson MandelaFRETILINXanana GusmãoSuharto1998PortugalIndonesiaOrganización das Nacións Unidas30 de agosto199922 de setembro1999Xanana Gusmão200120 de maioXefe de EstadoPresidentePrimeiro MinistroXefe de GobernogabineteConstituciónPortugalFronte Revolucionaria de Timor Oriental IndependenteCongreso Nacional de Reconstrución de Timor do LesteAsociación Social Demócrata TimorensePartido Social DemócrataPartido DemocráticoconcellosTimor PortuguesEast Timor demographic change.pngANZ BankBanco Nacional UltramarinoBank Mandiricafésándalo












Timor Leste




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 8°33′S 125°34′L / -8.55, 125.56



























































































































República Democrática de Timor Leste
Repúblika Demokrátika Timor Lorosa'e



Bandeira de Timor Leste

Escudo de Timor Leste




Bandeira Escudo
Timor Leste (orthographic projection).svg

Lema: Unidade, Acçao, Progresso
(galego: «Unidade, acción, progreso»)

Himno: Pátria

Capital
 • Poboación

Dili
277 279 (2015)
Cidade máis poboada Dili
Linguas oficiais
Portugués e tetum
Forma de goberno
República unitaria semipresidencialista

Presidente
Primeiro Ministro

Francisco Guterres
Taur Matan Ruak

Independencia de Portugal
 • Declaración
 • Fin da ocupación indonesia

28 de novembro de 1975
20 de maio de 2002
Superficie Posto 159º
 • Total 14 874 km²
 • % auga Desprezable
Fronteiras 228 km
Costas 706 km
Poboación Posto 152º
 • Total (2017 est.) 1 291 358 hab.
 • Densidade
86,82 hab./km²

PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita
n/d

PIB (PPA)
 • Total (2004) 370 mill. US$
 • per cápita
400 US$
Moeda
Dólar estadounidense ($, USD)
IDH n/d
Xentilicio timorense[1]
maubere[2]
Fuso horario
UTC+9
 • Horario de verán
Non aplica
Dominio de Internet .tl
Prefixo telefónico +670
Prefixo radiofónico 4WA-4WZ
Código ISO 626 / TLS / TL
Membro de: ONU, CPLP

Timor Leste[3][4] é un estado do Sueste asiático. O seu territorio comprende a metade oriental da illa de Timor, as illas de Ataúro e Jaco, e o enclave de Ocusi, na costa norte da metade occidental da illa. As únicas fronteiras terrestres que o país ten lígano á Indonesia, ao oeste da porción principal do territorio, e ao leste, sur e oeste de Ocusi, mais ten tamén fronteira marítima con Australia, no Mar de Timor, ao sur. Conta con 14 874 km² de superficie e máis dun millón de habitantes. A súa capital é Dili.


O país foi colonizado polo Imperio portugués no século XVI e foi coñecido como Timor portugués até a descolonización. A finais de 1975, Timor Leste declarou a súa independencia, pero só uns días despois o país foi invadido e ocupado por Indonesia, país que o converteu na súa provincia número 27. En 1999, despois dun acto de autodeterminación, patrocinado pola ONU, o goberno indonesio abandonou o control do territorio e Timor Leste converteuse no primeiro novo Estado soberano do século XXI, o 20 de maio de 2002. Despois da independencia, o país incorporouse como membro da ONU e da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa. En 2011, anunciou a súa intención de participar na Asociación de Nacións do Sueste Asiático, a través dunha carta de candidatura para se converter no undécimo membro do grupo.[5]


Timor Leste é un dos dous únicos países maiormente católicos de Asia (o outro é Filipinas). As linguas oficiais do país son o portugués e o tetún, estando recoñecidas tamén na constitución o inglés e o indonesio como linguas de traballo.


O país ten unhas rendas medias inferiores ás da economía mundial,[6] cun 37% dos habitantes vivindo por debaixo do limiar de pobreza, e arredor da metade da poboación é analfabeta. Timor Leste segue a sufrir os efectos dunha loita de décadas pola independencia contra a ocupación indonesia, que danou seriamente as infraestruturas e matou polo menos cen mil persoas. O país ocupa o posto 128º no Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).




Índice






  • 1 Etimoloxía


  • 2 Historia


  • 3 Política


    • 3.1 Partidos políticos




  • 4 Cultura


  • 5 División administrativa


  • 6 Xeografía


  • 7 Demografía


  • 8 Economía


  • 9 Notas


  • 10 Véxase tamén


    • 10.1 Ligazóns externas







Etimoloxía |


O termo "Timor" deriva de timur, o termo para "leste" en indonesio e malaio. O nome actual Timor Leste (Timor-Leste en portugués) é redundante, pois significa "Leste Leste". En tetún, o nome do país é Timór Lorosa'e (sendo Lorosa'e a palabra tetún para "leste", literalmente "sol saínte") e en indonesio Timor Timur, usando a palabra portuguesa da illa seguida de "leste" en indonesio.


Os nomes oficiais do país segundo a Constitución son República Democrática de Timor-Leste (en portugués)[7], Repúblika Demokrátika Timor-Leste (en tetún)[8] e Democratic Republic of Timor-Leste (en inglés).[9]


O nome oficial proposto pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO) para o inglés e as demais linguas é Timor-Leste (códigos TLS e TL), e foi adoptado pola ONU, a Unión Europea e as organización de estandarización dos Estados Unidos (ANSI), Francia (AFNOR), Reino Unido (BSI), Alemaña (DIN) e Suecia (SIS).



Historia |



Artigo principal: Historia de Timor Leste.


O actual territorio de Timor Leste estivo habitado desde hai máis de 40.000 anos por pobos australoides, máis recentemente chegaron ó territorio poboacións melanesias e protomalaias.


Os portugueses chegaron aquí no 1512 na busca do sándalo, madeira nobre utilizada na fabricación de mobles de luxo e na perfumaría, que cubría practicamente toda a illa. Durante catro séculos, os portugueses utilizaron o territorio timorense para fins comerciais, explotando os recursos naturais da illa. Apenas nos anos 60 do século XX a capital Dili comezou a dispor de luz eléctrica, e na década seguinte, auga, escolas e hospitais.


Despois da Revolución dos Caraveis, o goberno portugués decidiu abandonar a illa en agosto do 1975, pasando o poder á FRETILIN (Frente Revolucionaria de Timor Leste), que proclamou a república en 29 de novembro do mesmo ano. Porén, a independencia durou pouco tempo. O xeneral Suharto, gobernante da Indonesia, mandou tropas do exército invadiren a illa. En 7 de decembro, os militares indonesios desembarcaban en Dili, ocupando brevemente toda a parte oriental de Timor, a pesar do repudio da Asemblea Xeral da ONU.


A ocupación militar da Indonesia en Timor Leste fixo que o territorio se tornase a 27ª provincia Indonesia. Unha política de xenocidio resultou nun longo masacre de timorenses. Centenas de aldeas foron destruídas polos bombardeos do exército da Indonesia, sendo que foron utilizadas toneladas de napalm contra a resistencia timorense. O uso do produto queimou boa parte das fragas do país, limitando o refuxio dos guerrilleiros na densa vexetación local.


Baixo presión internacional, non foi ata 1999 cando a Indonesia aceptou a execución dun referendo sobre a independencia do territorio. No mesmo período, o goberno indonesio iniciou programas de desenvolvemento social, como a construción e recuperación de escolas, hospitais e estradas, para promover unha boa imaxe xunto aos timorenses.


En 2006, unha grave crise política estalou no país. Preto de seiscentos soldados desertaron e producíronse combates civís, roubos, manifestacións e asasinatos. Grazas á intervención de forzas internacionais en xuño dese ano, comezou a regresar a estabilidade do país. A crise terminaría coa renuncia do primeiro ministro Mari Alkatiri, sendo sucedido no seu cargo polo Premio Nobel da Paz e ex chanceler José Ramos-Horta.


Gusmãou decidiu convocar a novas eleccións presidenciais, cuxa segunda volta realizada o 9 de maio declarou como vencedor a Ramos-Horta con máis dun 70% dos votos, asumindo o cargo de Presidente o 20 de maio seguinte.


Entrementres, a visita do Papa Xoán Paulo II a Timor Leste, en outubro de 1989, foi marcada por manifestacións pro-independencia, que foron duramente reprimidas. No día 12 de novembro de 1991, o exército indonesio disparou moitos tiros a diversas persoas que homenaxeaban un estudante morto pola represión no cemiterio de Santa Cruz, en Dili. Cerca de 200 persoas morreron no local. Outros manifestantes morreron nos días seguintes, "cazados" polo exército da Indonesia.


A causa de Timor Leste pola independencia gañou maior repercusión e recoñecemento mundial coa atribución do Premio Nobel da Paz ao bispo Carlos Filipe Ximenes Belo e José Ramos-Horta en outubro de 1996. En xullo de 1997, o presidente surafricano Nelson Mandela visitou o líder da FRETILIN, Xanana Gusmão, que estaba na prisión. A visita fixo que aumentase a presión para que a independencia fose feita a través dunha solución negociada. A crise da economía da Asia no mesmo ano afectou duramente a Indonesia. O réxime militar de Suharto comezou a sufrir diversas presións con manifestacións cada vez máis violentas nas rúas. Tales actos levan á dimisión do xeneral en maio de 1998.


Os gobernos de Portugal e da Indonesia comezaron, entón, a negociar a realización dunha consulta popular, baixo a supervisión dunha misión da Organización das Nacións Unidas. Percibindo que Timor Leste estaba disposto a conquistar a independencia, a á radical do exército indonesio recrutou e adestrou milicias armadas locais para espallaren o terror entre a poboación. A pesar das ameazas, mais do 98% da poboación timorense foi ás urnas o 30 de agosto de 1999 para votar na consulta popular, e o resultado apuntou que o 78,5% dos timorenses querían a independencia.


As milicias, protexidas polo exército indonesio, desencadearon unha violencia incríbel antes da proclamación dos resultados. Homes armados mataron nas rúas todas as persoas sospeitosas de votaren pola independencia. Millares de persoas foron separadas das familias e colocadas á forza en camións; o seu destino aínda hoxe é descoñecido. A poboación comezou a fuxir para as montañas e buscar refuxio en predios de organizacións internacionais e nas igrexas. Os estranxeiros foron evacuados, deixando Timor entregado á violencia dos militares e das milicias indonesios.


A ONU decide crear unha forza internacional para intervir na rexión. O 22 de setembro de 1999, soldados da ONU entraron en Dili e atoparon un país totalmente incendiado e devastado. Gran parte da infraestrutura de Timor Leste fora destruída e o país estaba case totalmente devastado. Xanana Gusmão, líder da resistencia timorense, foi liberado deseguido.


En abril de 2001, os timorenses foron novamente ás urnas para escoller o novo líder do país. As eleccións consagraron a Xanana Gusmão como novo presidente timorense, e o 20 de maio de 2001, Timor Leste tornouse totalmente independente.



Política |




Casa tradicional en Díli




Lospalos, vila tradicional (o topónimo nada tem a ver com o espanhol, vem do fataluco lohoasupala)


O Xefe de Estado da república de Timor Leste é o Presidente, electo por sufraxio popular para un período de cinco anos, e cuxo papel é soamente simbólico, aínda que ten certas atribucións para vetar lexislacións. Logo das eleccións lexislativas, o Presidente nomea como Primeiro Ministro ao líder do partido ou coalición que consegue a maioría dos escanos. Como Xefe de Goberno, o Primeiro Ministro encabeza o Consello de Estado ou gabinete.


O congreso timorense unicameral é chamado Parlamento Nacional, e os seus membros tamén son elixidos por sufraxio popular para períodos de cinco anos. O número de escanos pode variar dun mínimo de 52 a un máximo de 65. A Constitución timorense está baseada na de Portugal.



Partidos políticos |


Os principais partidos políticos son o Fronte Revolucionaria de Timor Oriental Independente (FRETILIN), o Congreso Nacional de Reconstrución de Timor do Leste (CNRT), a Asociación Social Demócrata Timorense (ASDT), o Partido Social Demócrata (PSD) e o Partido Democrático.



Cultura |




Lectura de Rosalía de Castro en Timor Leste



División administrativa |


Timor Leste está subdividido en 13 distritos administrativos, cada un cunha capital, e que mantén, con poucas diferenzas, os límites dos 13 concellos existentes durante os últimos anos do Timor Portugues.





































































2015 East Timor municipalities numbers.png

Estado
Capital

Estado
Capital
1 Lautém
Lospalos
8 Liquiçá
Liquiçá
2 Baucau
Baucau
9 Ermera
Gleno
3 Viqueque
Viqueque
10 Ainaro
Ainaro
4 Manatuto
Manatuto
11 Bobonaro
Maliana
5 Dili
Dili
12 Cova-Lima
Suai
6 Aileu
Aileu
13 Oecussi-Ambeno
Pante Macassar
7 Manufahi
Same


Easttimor-mapcia.png


Xeografía |


Véxase tamén: Xeografía de Timor Leste


Timor Leste posúe un territorio de 18.000 km², ocupando a parte oriental da illa de Timor. O país é moi montañoso e ten un clima tropical. Con chuvias dos réximes dos monzóns, enfronta avalanchas de terra e frecuentes enchentes. Os país posúe 800.000 habitantes.



Demografía |


East Timor demographic change.png



Economía |



Artigo principal: Economía de Timor Leste.


Timor Leste ten unha das máis baixas rendas per capita do mundo (400$ por ano). Tan só tres bancos estranxeiros actúan no país, o ANZ Bank, o Banco Nacional Ultramarino de Portugal e o Bank Mandiri de Indonesia. As infraestruturas, antigas e escasas ou destruídas polo conflito con Indonesia, non favorecen o desenvolvemento económico do país, que ten como principal fonte de exportación o café; a produción de sándalo, antano florecente agora é anecdótica.



Notas |





  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para timorense.


  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maubere.


  3. Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. p. 119. ISBN 84-8158-266-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2018. 


  4. Goretti Sanmartín Rei et al. (2012). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 126. ISBN 84-9749-199-8. 


  5. "East Timor applies to join Asean" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2018. 


  6. "World Bank Country and Lending Groups". World Bank (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2018. 


  7. "Constitución de Timor Leste en portugués" (PDF). www.timor-leste.gov.tl (en portugués). Consultado o 21 de xullo de 2018. 


  8. "Constitución de Timor Leste en tetún" (PDF). www.timor-leste.gov.tl (en tetún). Consultado o 21 de xullo de 2018. 


  9. "Constitución de Timor Leste en inglés" (PDF). www.timor-leste.gov.tl (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2018. 




Véxase tamén |







Ligazóns externas |


  • Historia










Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Timor_Leste&oldid=5257142"













Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function(){mw.config.set({"wgPageParseReport":{"limitreport":{"cputime":"1.244","walltime":"2.511","ppvisitednodes":{"value":2050,"limit":1000000},"ppgeneratednodes":{"value":0,"limit":1500000},"postexpandincludesize":{"value":86061,"limit":2097152},"templateargumentsize":{"value":6469,"limit":2097152},"expansiondepth":{"value":10,"limit":40},"expensivefunctioncount":{"value":19,"limit":500},"unstrip-depth":{"value":0,"limit":20},"unstrip-size":{"value":9913,"limit":5000000},"entityaccesscount":{"value":20,"limit":400},"timingprofile":["100.00% 2249.630 1 -total"," 81.42% 1831.577 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 6.34% 142.605 1 Modelo:Asia"," 6.18% 139.036 1 Modelo:Navbox"," 5.49% 123.415 51 Modelo:Nowrap"," 5.11% 114.932 1 Modelo:Listaref"," 3.09% 69.575 1 Modelo:País"," 2.79% 62.877 1 Modelo:Infobox"," 2.22% 50.048 2 Modelo:Cita_libro"," 1.70% 38.213 1 Modelo:Sen_referencias"]},"scribunto":{"limitreport-timeusage":{"value":"0.860","limit":"10.000"},"limitreport-memusage":{"value":12755207,"limit":52428800}},"cachereport":{"origin":"mw1268","timestamp":"20191002172114","ttl":2592000,"transientcontent":false}}});});{"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Timor Leste","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Timor_Leste","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q574","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q574","author":{"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia"},"publisher":{"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":{"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png"}},"datePublished":"2005-05-15T19:16:20Z","dateModified":"2019-09-18T22:59:25Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/26/Flag_of_East_Timor.svg"}(RLQ=window.RLQ||[]).push(function(){mw.config.set({"wgBackendResponseTime":175,"wgHostname":"mw1269"});});

Popular posts from this blog

Taj Mahal Inhaltsverzeichnis Aufbau | Geschichte | 350-Jahr-Feier | Heutige Bedeutung | Siehe auch |...

Baia Sprie Cuprins Etimologie | Istorie | Demografie | Politică și administrație | Arii naturale...

Nicolae Petrescu-Găină Cuprins Biografie | Opera | In memoriam | Varia | Controverse, incertitudini...